Contacta en praxisstvdio@gmail.com
Estamos tamén en Twitter/Instagram/Tiktok: @praxisstvdio
Somos Vero e Alex, e facemos cousas anticapis, feministas, veganas e antifascistas incluindo chaveiros, prints, chapas, pegatas, roupa e accesorios.
Vivimos en Compostela e somos freelancers, asi que así é como pagamos o aluguer e as facturas.
Son as cousas feitas a man?
Case todas. Nalguns casos como os pins de enamel, deben ser encargados a terceiras persoas que teñan o equipamento axeitado apra traballar este material. As chapas son ensambladas por nos, tamén recortamos as pegatinas e serigrafiamos as camisetas, parches e bolsas.
Podense combinar envios?
Si, sempre que se dirixan á mesma dirección
Podense cancelar pedidos?
Si, poden cancelarse pedidos sempre que non estén marcados como enviados.
Aceptanse devolucións?
Si, podes devolver calquera cousa nos 10 dias posteriores a recibila. En canto nos chegue recibirás os cartos mediante o método de pago que utilizases na compra. Calquera desperfecto será descontado do reembolso.
Se algun obxecto se dana, podo envialo a reparar?
Si
Canto adoita ser o tempo de preparación do pedido?
Depende da natureza do encargo. Polo xeral bolsas, camisetas e textiles que precisen serigrafia ou sublimación tardarán entre 4-5 días. As pegatinas e chapas entre 2-4. Se o teu pedido leva presa, contacta con nos.
Onde está o meu pedido?
Envios dentro de España adoitan tardar entre 3-7 dias laborables, 10-12 entre paises europeos e ao redor de 2-4 semanas para envios fora da UE. O envio ordinario non leva seguemento, asi que se queres un número para seguir o pedido asegúrate de escoller envio certificado durante a compra.
Tes algunha outra pregunta? Escribenos a admin@praxisstvdio.com ou contactanos nas nosas redes sociais: @praxisstvdio en Instagram e Twitter
